A pasada fin de semana en Narón, dez d@s nos@s triatletas pertencentes ás categorías cadete e xuvenil tomaron parte no Campionato Galego de Dúatlon Escolar contra o reloxo por equipos. Proba desputada sobre tres segmentos e as distancias de dous quilómetros de carreira a pé, cinco quilómetros de ciclismo e outro quilómetro de carreira a pé. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros presentamos dous equipos masculinos compostos por Adrián Sancho, Hugo Souto, Iago Prada, Joel Barcia e Michel Núñez no equipo A e Álex Yera, Diego Souto, Lino Souto, Martín Cid e Nicolás Mato no B. Os compoñentes do equipo A gañaron a proba cun tempo de 19 minutos e 27 segundos acadando así o títalo de Campións Galegos Escolares. Pola súa banda os compeñentes do equipo B gañaron a proba open aberta aos segundos equipos logo de 22 minutos e 43 segundos de carreira.
O mesmo domingo pero en Ourense @s atletas, Adrián Fuentefría nos 1.000 m.l. 13 anos, Ana Ézara nos 1.000 m.l. 14 anos e María Liu Brandón nos 800 e 1.500 m.l. 15 anos, bateron as mellores marcas do club en pista curta no control de marcas do CAR desputado na Expourense. Resultados que podedes atopar nos apartados descargas tríatlon e atletismo desta mesma web.