Na mañá do pasado domingo día 7 de maio, a localidade de Vilagarcía acollía o Campionato Galego de Tríatlon Escolar na modalidade contra o reloxo por equipos; proba na que tomamos parte con seis d@s nos@s triatletas de Carballo e Oleiros. Os infantís, Diego Souto, Manuel López e Juan Giráldez, arroupados polos cadetes, Joel Barcia, Michel Núñez e Oscar Alberte, facíanse coa victoria na proba supersprint cun tempo de 26 minutos e 15 segundos, acadando deste xeito o título de campións galegos escolares. Menos afortunados estiveron os nosos representantes absolutos, Alexandre Rodríguez, Anxo Bello, Hugo Souto, Manuel Souto e Rubén Otero, que foron descualificados na proba sprint. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.