Os nosos remontan 10 posicións na 1ª División da Liga Talento


 19 Abril, 2023   Tríatlon 

Os nosos remontan 10 posicións na 1ª División da Liga Talento

A pasada fin de semana Adrián Sancho, Anxo Bello, Hugo Souto, Joel Barcia, Michel Núñez e Oscar Alberte tomaban parte en Avilés no Campionato de España de Dúatlon CRE e Substitucións Talento; probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na matinal do sábado os nosos remataban nunha moi boa 4ª praza na Contrarreloxo por Equipos a tan só un segundo do podio. O domingo a mediodía Anxo Bello, Hugo Souto e Joel Barcia corrían o Campionato de España de Dúatlon por Substitucións acadando a 8ª posición. Con estes resultados os de Carballo e Oleiros colocámonos 10º na clasificación da Liga Talento remontando 10 postos respecto a 1ª xornada de Alcobendas de hai 15 días. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web. A vindeira parada da liga nacional será os días 24 e 25 de xuño en Roquetas de Mar.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.