Os nosos remontan 9 posicións na 1ª División da Liga Talento


 08 Maio, 2024   Tríatlon 

Os nosos remontan 9 posicións na 1ª División da Liga Talento

Despois de acadar en Soria o subcampionato nacional de dúatlon na contrarreloxo por equipos, e sumar unha meritoria sexta praza na substitución de dúatlon; o noso equipo masculino remontou nove posicións na segunda xornada da 1ª División Nacional da Liga Talento de Tríatlon. A vindeira parada para seis dos nosos será esta fin de semana en Águilas con motivo da disputa dos nacionais de tríatlon contra o reloxo por equipos e substitucións por equipos. Adrián Sancho, Hugo Souto, Iago Prada, Joel Barcia, Michel Núñez e Oscar Alberte conforman o equipo de Carballo e Oleiros nesta terceira e penúltima xornada da Liga Talento na que estamos a ocupar a cuarta praza empatados a 163 puntos co Diablillos, a 1 só punto do Córdoba que ten 164 e a 8 puntos do Fluvial que suma 171 dun total de 25 clubs.
A pasada fin de semana no clasificatorio nacional para o Festival Europeo Youth de Tríatlon celebrado en Valladolid, os nosos callaron unha boa actuación con Adrián Sancho na 6ª praza, Iago Prada na 8ª, Hugo Souto na 13ª e Michel Núñez na 28ª, resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.