Os nosos son 8º da Liga Nacional de Tríatlon logo de Banyoles


 15 Xullo, 2025   Tríatlon 

Os nosos son 8º da Liga Nacional de Tríatlon logo de Banyoles

Dez dos nosos triatletas competiron a pasada fin de semana en Banyoles na segunda das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte neste 2025 cun equipo de segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada central de Banyoles disputáronse, o Campionato de España de Tríatlon por Clubs e o nacional de Tríatlon Supersprint de Remudas por Parellas. Os nosos que logo da primeira xornada ían 7º, mantiveron o tipo en Banyoles ainda que perderon unha posición no cómputo global da liga. O sábado 12 de xullo rematamos 7º no Campionato de España de Triatlón por Clubs mentres que o domingo 13 fomos 9º na remuda por parellas do Campionato de España de Tríatlon Supersprint. Ainda así e falta da derradeira xornada de Torremolinos mantémonos con 115 puntos alonxados das 4 prazas do descenso que marcan o corte agora mesmo nos 75 puntos. Os resultados desta xornada de Banyoles están pendurados no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.
Clasificacións Liga Nacional de Triatlón 2025. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.