Os nosos talentos acadan en Águilas un triplete histórico


 15 Maio, 2024   Tríatlon 

Os nosos talentos acadan en Águilas un triplete histórico

A pasada fin de semana Adrián Sancho, Hugo Souto, Iago Prada, Joel Barcia, Michel Núñez e Oscar Alberte, tomaban parte na localidade murciana de Águilas no Campionato de España de Tríatlon CRE e Substitucións Talento; probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na mañá do sábado os do Fogar acadamos o bronce nacional na Contrarreloxo por Equipos a tan só 21 segundos do gañador da proba, o Clube Fluvial de Lugo. Pero o bó estaba ainda por chegar, así o domingo á mañá, Adrián, Hugo e Iago eran os elixidos para conformar o equipo Elite que gañaba o subcampionato de España de Tríatlon por Substitucións so por detrás do Fluvial, un dos equipos feitos para gañar. Tamén o domingo pero na categoría Open reservada aos equipos B, acadamos o título de campións nacionais coa remuda formada por Joel, Oscar e Michel, que avantaxaron en 23 segundos ó segundo clasificado o C.T.Caravaca. Triplete histórico de podios nun nacional para a canteira de tríatlon da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que está a callar unha das súas mellores tempadas. Os resultados de Águilas, que a falta dunha  xornada nos posicionan na 2ª praza provisional da Liga Talento, podédes consultalos no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. @s nos@s triatletas de base voltarán a competir o día 1 de xuño con motivo da disputa do Tríatlon de Menores de Vigo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.