A pasada fin de semana Adrián Sancho, Anxo Bello, Hugo Souto, Iago Prada, Michel Núñez e Oscar Alberte, tomaban parte en Soria no Campionato de España de Dúatlon CRE e Substitucións Talento; probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na mañá do sábado os do Fogar acadamos o subcampionato nacional na Contrarreloxo por Equipos a tan só 28 segundos dun dos equipos feitos para gañar, o Club Triatló Gandía. O domingo tamén á mañá, Iago, Adrián e Hugo corrían o Campionato de España de Dúatlon por Substitucións rematando nunha meritoria 6ª posición na categoría Elite. Na categoría Open, reservada aos segundos equipos, Anxo, Oscar e Michel acadaban o título de campións nacionais con 51 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado o C.T.Caravaca.
O domingo na Final Provincial de Dúatlon Escolar do programa Xogade cebrada en Outes, os nosos cativos foron campións infantis masculinos por equipos (Diego Souto, Jorge Rodríguez e Juan Giráldez), subcampións cadetes masculinos por equipos (Nicolás Mato, Lino Souto e Álex Vicente) e terceiros alevíns masculinos tamén por equipos (Tadeo Suárez, Nuno Barcia e Daniel Suárez). Resultados que podedes atopar nos apartados de descargas tríatlon e máis escola desta mesma web.