Os pasados 20, 21 e 22 de xullo a localidade de Banyoles (Girona) acollía o Festival Europeo Youth de Tríatlon e o Nacional de Tríatlon de Clubs na súa 3ª División; probas nas que os de Carballo e Oleiros estivemos representados por oito dos nosos triatletas. O xoves día 20 Hugo Souto tomaba parte como membro da selección española na terceira das semifinais do Festival Europeo Youth cando unha desafortunada caída no sector ciclista remataba coas súas posibilidades de meterse na finalísima do venres, 21º posto para o noso que ainda así foi quen de rematar a proba. O sábado día 22 Adrián Sancho, Alexandre Rodríguez, Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, David Sancho, Hugo Souto, Pedro López e Rubén Otero tomaban a saída no Nacional de Clubs de Tríatlon na 3ª División absoluta masculina coa determinación de loitar polas catro primeiras prazas que daban acceso á 2ª División pero non puido ser, 10º posto para os nosos a 57 puntos do último chanzo do ascenso. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.