No día de hoxe 7 dos nosos triatletas tomaron parte no Campionato de España de Ácuatlon que se desputaba no centro de innovación tecnolóxica sobre o deporte do Anel, en Estremadura; nunha quíntupla cita histórica con tres títulos nacionais en xogo, os de Ácuatlon, Dúatlon Cros e Tríatlon Cros, e dous títulos mundiais, os de Tríatlon Cros e Acuatlón, que poñerán en competición esta fin de semana a 2.190 participantes procedentes de todo o mundo. E como de costume os de Carballo e Oleiros volvemos brillar entre os mellores do panorama nacional; os xuvenís con Pedro López 6º, Xabier Guitián 10º e Rubén Otero 22º subiron ao máis alto do caixón como Campións de España por equipos da súa categoría, os cadetes con Hugo Souto 19º, Álvaro Díaz 27º e Anxo Bello 44º foron 4º a tan só un segundo do bronce, e na categoría júnior David Sancho que volvía a competir logo dunha longa lesión terminaba nunha meritoria 17ª posición. ¡¡ Moi grandes rapaces !!