Onte venres día 5 de abril de 2019, a masa social da AD. Fogar dá Xuventude e as súas seccións de Carballo e Oleiros, reuníase no salón de actos do Fórum carballés en Asemblea Xeral Ordinaria. En 1ª convocatoria asinabase o acordo de patrocinio e colaboración con María Viña Nutricionista, a través do cal os socios e deportistas do club benefícianse de importantes descontos en servizos de dietética, nutrición e suplementación deportiva, antropometría e medición de pliegues, perímetros e diámetros, análisis bioquímicos específicos e adestramento persoal; servizos e descontos que podedes atopar como documentos adxuntos a esta mesma nova. Acto seguido en 2ª convocatoria os socios aprobaban por maioría o balance económico de 2018 pechado en 196.892,52€, 12.522,35€ máis que no pasado ano 2017; e daban tamén o seu visto bo e respaldo ao presuposto de 181.000€ presentado pola xunta directiva para o presente exercicio de 2019.