Os triatletas da AD.Fogar acadaron tres podios en Muros e Valdoviño


 04 Maio, 2022   Tríatlon 

Os triatletas da AD.Fogar acadaron tres podios en Muros e Valdoviño

A pasada fin de semana presentábase intensa para 27 d@s triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros ao ter que competir en 2 frontes distintos. Na tarde do sábado a localidade de Muros acollía o Campionato Galego Mozo de Dúatlon na distancia supersprint no que tomamos parte con 17 moz@s. Desta volta @s máis destacad@s a títalo individual foron, Anxo Bello como subcampión galego cadete, o tamén cadete Hugo Souto que acadaba a 5ª praza, @s júniors Alba Otero 5ª e Pedro López 6º e a xuvenil Noa Atanes 8ª. Ademáis @s da AD.Fogar acadamos o bronce conxunto por equipos no cómputo das tres categorías (cadete, xuvenil e júnior). O domingo a mañán, 10 d@s nos@s triatletas de base participaban en Valdoviño na Final Provincial do Dúatlon Escolar Xogade, proba na que os nosos alevíns proclamáronse subcampións proviciais por equipos con Manuel López 9º, Lino Souto 10º e Juan Giráldez 16º. Ademáis Martina Santomé remataba na 8ª praza benxamín feminina. Nos apartados de descargas escola e tríatlon desta mesma web podedes atopar os resultados destes 2 eventos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.