Onte día das Letras Galegas, disputábase na localidade de Arteixo o I Encontro de Dúatlon de Menores deste 2021; proba que organizaban de maneira conxunta os clubes do Tríatlon Arteixo, o Hércules Termaria e a AD.Fogar, baixo o formato contra o reloxo individual con saída graduada de 2 corredores-as cada 20” e unha separación lateral de 1,5 metros. No mesmo tomaron parte 4 equipos da nosa zona de A Coruña entre os que movilizamos a un total de 65 nen@s de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos; 30 deles-as das nosas Escolas de Tríatlon en Carballo e Oleiros. Esta volta á competición d@s máis cativ@s resultou todo un éxito para @s nos@s triatletas de base que gañaron as probas en todas as categorías agás na benxamín e infantil feminina. No apartado de descargas tríatlon desta mesma web podedes atopar os resultados deste Encontro de Dúatlon de Menores de Arteixo.