A pasada fin de semana do 27 e 28 de agosto, Andrés Prieto Villar sumaba na localidade de Izvorani dúas novas medallas europeas, o ouro por equipos e a prata individual, na proba da Copa de Europa Júnior de Tríatlon de Romanía. O sábado Andrés callaba unha máis que destacada actuación loitando desde o inicio da proba polos postos de podio. O noso saíu da auga entre os tres primeiros logo de nadar os 400 metros en 5'01'', mantívose no grupo cabeceiro nos once quilómetros do segmento ciclista marcando un parcial de 17'27'' e rematou os dous quilómetros e medio de carreira a pé nun parcial de 7'41'' para cruzar a línea de meta 2º en 31'38'' e a tan só segundos do gañador da proba, o seu compañeiro de selección Pelayo González. O domingo, na substitución mixta por equipos, Andrés Prieto, Elsa Pena, Pelayo González e máis Helena Moragas, facíanse cunha clara victoria fronte ás seleccións de Hungría (2º) e Suiza (3º). Os resultados desta Europe Triathlon Junior Cup de Izvorani tédelos na seguinte ligazón https://www.triathlon.org/results/result/2022_europe_triathlon_junior_cup_izvorani e tamén no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.