Ouro para os nosos no Campionato Galego de Dúatlon Escolar CRE


 12 Outubro, 2023   Tríatlon 

Ouro para os nosos no Campionato Galego de Dúatlon Escolar CRE

A pasada fin de semana en Lousame, nove d@s nos@s triatletas pertencentes ás categorías infantil, cadete e xuvenil tomaban parte no Campionato Galego de Dúatlon Escolar contra o reloxo por equipos. Proba desputada sobre tres segmentos e as distancias de dous quilómetros de carreira a pé, cinco quilómetros de ciclismo e outro quilómetro de carreira a pé. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros presentamos dous equipos masculinos compostos por Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Michel Núñez e Óscar Alberte no equipo A e Diego Souto, Juan Giráldez, Manuel López e Nicolás Mato. Os compoñentes do primeiro equipo gañaban a proba cun tempo de 19 minutos e 22 segundos acadando así o títalo de Campións Galegos Escolares. Pola súa banda os compeñentes do equipo B remataban nunha meritoria 11ª praza en 25 minutos e 42 segundos; sendo ademáis o único equipo en meta coa totalidade dos integrantes da categoría infantil.
Outro dos protagonistas da fin de semana foi o noso máximo referente, Andrés Prieto que tomou parte en Ceuta noutra das probas da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint na que rematou nunha moi traballada 22ª praza da categoría elite cun tempo de 55m45s. Andrés foi quen de manterse na cabeza de carreira nos segmentos de natación e ciclismo pero perdeu posicións na carreira a pé, segmento onde o noso non está a atopar o seu mellor momento. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.