Onte nas inmediacións Encoro de Pontillón de Castro en Verducido, Pontevedra; Hugo Souto representou a España no Mundial Multisport na modalidade de Tríatlon Cros dentro do grupo de idade masculino dos 18 e 19 anos. A proba desenvolveuse nun circuíto moi esixente de 1.000 metros de natación, 29 quilómetros de ciclismo e 7,5 quilómetros de carreira a pé no que Hugo demostrou a súa fortaleza física logo de nadar en 14' e 10'', completar o segmento de BTT en 1 hora, 29' e 16'' e rematar correndo en 33' e 8''. Hugo acadou a medalla de prata cun tempo total de 2h18'27'' a tan só 3' e 19'' do vencedor da proba o francés Louka Dumont.
Ademáis o sábado día 21 de xuño, 24 d@s nos@s tomaron parte no Tritea de Ponteareas no Campionato Galego de Tríatlon Supersprint cadete, xuvenil e júnior e máis unha proba do Circuíto de Menores para as categorías benxamín, alevín e infantil. No Galego Supersprint os mellores resultaron foron, o 4º, 5º e 6º posto de Adrián Sancho, Iago Prada e Hugo Souto na categoría júnior, a 11ª praza xuvenil de Lucas Prada, e a 10ª, 11ª, 12ª e 15ª de Diego Souto, Lino Souto, Alejandro Yera e Irene Santomé na cadete. Da proba de menores compre subliñar a actuación dos benxamíns, Noah de Castro (3ª), Rosalía Cid (7ª) e Julen Castro (15º), o 5º posto do equipo alevín (Nuno Barcia, Mikel Castro e Wenceslao Oubiña) e o 5º posto do equipo infantil (Pedro Rodríguez, Martín Cid e Leo Touré). Resultados que podedes atopar en descargas tríatlon de esta mesma web.