Pulpí acolle a 2ª edición do Campus Nacional do Programa Amazonas


 04 Decembro, 2020   Tríatlon 

Pulpí acolle a 2ª edición do Campus Nacional do Programa Amazonas

O Programa Amazonas naceu en 2019 como un programa integral e transversal para o desenvolvemento da muller e a súa evolución dentro do tríatlon feminino mediante a realización de diversas actividades e formacións específicas. Este ano a FETRI ven de convocar, entre outras, á nosa triatleta cadete Alba Otero Losada que tomará parte na Concentración Nacional do programa a desenvolver entre o 4 e o 8 de decembro nas instalacións de TM Grupo Inmobiliario e o Centro de Adestramento da FETRI en Pulpí. Alí as deportistas realizarán adestramentos das tres disciplinas, transicións e traballos preventivos de ximnasio supervisadas en todo momento pola coordinadora do programa, a mellor triatleta nacional da historia, Ainhoa Murua, e pola adestradora do CAR Madrid, Patricia Díaz. Todas as deportistas e adestradoras asistentes á concentración cumprirán cos protocolos marcados polas autoridades sanitarias e mesmo pasarán test COVID previo ao seu desprazamento a Mar de Pulpí. 
PARABÉNS ALBA !!
👏👏👏

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.