Esta fin de semana @s triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte en dúas frontes competitivas dos calendarios de tríatlon e dúatlon. Mañán sábado día 25 de marzo a localidade portuguesa de Quarteira acollerá a segunda das probas da Copa de Europa de Tríatlon, onde Andrés Prieto representará a España correndo por Galicia na categoría elite a partir das 16:30 horas. E o domingo pola mañán, 21 d@s nos@s triatletas de base representarannos no I Dúatlon Solidario de A Baña nas carreiras de Promoción de Menores e o Circuíto Galego Super Sprint; nas que concursaremos con 2 benxamíns, 5 alevíns, 4 infantís, 5 cadetes, 3 xuvenís e 2 júniors. Nas seguintes ligazóns federativas tedes a vosa disposición os pormenores destes dous eventos.
QUARTEIRA https://www.triathlon.org/events/event/2023_europe_triathlon_cup_quarteira
A BAÑA https://fegatri.org/evento/i-duatlon-da-bana-circuito-super-sprint-promocion-super-sprint-e-promocion-de-menores/