O pasado sábado tres d@s nos@s triatletas, Alba Otero e Marta González na categoría júnior feminina e Rubén Otero na xuvenil masculina, participaban na localidade de Narón no Trishark 2022; proba que despachaba tamén o Campionato Galego de Tríatlon Supersprint na categoría júnior. Precisamente nesta proba as nosas representantes Alba Otero e Marta González remataban na 6ª e na 8ª praza respectivamente. Pola súa banda Rubén Otero que tomaba a saída na proba popular sobre a distancia sprint era 7º absoluto e acadaba o bronce da categoría xuvenil. Os resultados destas dúas probas do Trishark Narón 2022 están dispoñibles no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.