Onte martes día 17 de maio de 2022 disputábase na modalidade de cros, a terceira edición do Dúatlon das Letras de Baio; proba puntuable para o Circuíto Galego Mozo reservado ás categorías cadete, xuvenil é júnior masculina e feminina. No mesmo @s nos@s doce representantes callaban outra moi boa actuación facédonse con oito dos podios da carreira. Na categoría feminina, Alba Otero facíase coa victoria júnior mentres que Irea Alén subía ao terceiro caixón do podio cadete. Na masculina, Hugo Souto proclamábase o vencedor absoluto da proba acadando tamén o ouro cadete e acompañado no podio por Anxo Bello que se facía co bronce desta mesma categoría. Ao caixón dos mellores subían tamén Rubén Otero a pola prata xuvenil e Pedro López para recoller a prata júnior. No cómputo global das tres categorías tanto masculina coma feminina @s nos@s acadaron o primeiro posto por equipos. Resultados todos eles que podedes consultar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.