@s nos@s acadaron o Subcampionato Galego de Dúatlon


 25 Abril, 2023   Tríatlon 

@s nos@s acadaron o Subcampionato Galego de Dúatlon

Na tarde do pasado sábado día 22 de abril a localidade de Muros acollía o Campionato Galego de Dúatlon na modalidade supersprint, proba na que tomamos parte con 11 d@s nos@s deportistas de Carballo e Oleiros. Desta volta @s máis destacad@s a título individual foron, Rubén Otero como campión galego júnior, Joel Barcia como subcampión galego cadete, Anxo Bello e Adrián Sancho como medallistas de prata e bronce respectivamente na categoría xuvenil e Inés Duarte e Noa Carlota Atanes como quintas cadete e júnior respectivamente. Ademáis @s da AD.Fogar de Carballo e Oleiros acadamos o subcampionato galego conxunto por equipos no cómputo total das tres categorías participantes, a cadete, a xuvenil e a júnior. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.
A vindeira cita para @s nos@s rapaces-as será a Final Provincial do Dúatlon Escolar do Programa Xogade, proba que se celebrará o sábado día 29 de abril na localidade de Cedeira e onde tomaremos parte con 19 triatletas das nosas escolas de base en Carballo e Oleiros. Convocatoria que podedes consultar tamén no apartado de descargas escola desta mesma páxina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.