O pasado domingo día 9 de xaneiro de 2022 disputábase a 13ª edición do Dúatlon de Reis do Concello de Vimianzo na modalidade de cros; 1ª proba do ano que contaba coa participación de 227 inscritos nas 3 probas da xornada (circuíto Mozo, probas individual masculina e feminina e proba de remudas). @s nos@s 7 representantes tomaron parte na proba do Circuíto Galego Mozo reservado ás categorías cadete, xuvenil é júnior callando unha moi boa actuación. Na categoría cadete feminina, Irea Alén subía ao segundo caixón do podio e María Puga remataba 5ª; mentres que na masculina os cadetes Anxo Bello e Hugo Souto eran 2º e 3º, e o júnior Pedro López gañaba na súa categoría. Resultados que podedes consultar no apartado descargas tríatlon desta mesma web. Noutro orden de cousas pero tamén relacionadas co tríatlon, dicir que mañán celébrase en Santiago a gala de entrega de premios dos Circuítos Galegos do 2021 na que Hugo Souto, Pedro López, Alba Otero, Álvaro Elizalde e a propia AD.Fogar estaremos entre @s galardoad@s. As clasificacións fináis dos circuítos tamén estan dispoñibles no apartado descargas tríatlon da nosa web.