@s nos@s triatletas entre @s mellores da pasada fin de semana


 30 Xuño, 2022   Tríatlon 

@s nos@s triatletas entre @s mellores da pasada fin de semana

A pasada fin de semana, Andrés Prieto engadíu un novo éxito ao seu palmarés acadando en Montreal a novena praza no seu segundo Mundial Júnior de Tríatlon que pola baixa calidade da auga resolveuse en formato Dúatlon. Ainda así Andrés asinaba o seu segundo Top 10 mundial nunha proba na que se mantivo sempre no grupo cabeceiro ata o último segmento de carreira a pé no que cedía un minuto respecto do gañador da proba. Na substitución mixta Andrés formou co combinado nacional rematando na oitava posición.

Mentres en Logroño celebrábase o Nacional de Tríatlon en Idade Escolar por Comunidades Autónomas; proba na que @s nos@s deportistas cadetes, Hugo Souto e Irea Alén formaban co combinado galego. Na proba individual Hugo foi 7º e Irea 23ª, puntuando os dous como os terceir@s galeg@s en meta. Na substitución mixta Hugo e Irea formaron no Equipo B acadando unha moi meritoria 4ª posición dun total de 36 equipos. Galicia sumou neste campionato 51 puntos para rematar no terceiro banzo do podio por debaixo de Valencia (2ª) e Andalucía (1ª).

E para rematar compre reseñar a victoria de Daniel Polo no grupo de idade de 25 a 29 anos no VIII Northwest Triman Longa Distancia de As Pontes proclamándose así Campión Galego de Tríatlon de Longa Distancia na súa categoría.

Resultados que podedes atopar en descargas tríatlon de esta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.