O pasado sábado día 5 de novembro, 28 d@s nos@s triatletas tomaban parte en A Coruña no primeiro dos clasificatorios do Nada e Corre para 11 dos equipos da zona norte, entre os que mobilizamos preto d@s 190 rapaces e rapazas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. No desenvolvemento da proba a metade d@s nos@s clasificaban entre @s dez mellores das súas respectivas categorías; ouro para Valeria Alén na prebenxamín feminina, Martina Santomé acadaba a prata e Nuno Barcía remataba 8º na benxamín, na alevín ouro para Juan Giráldez, prata para Diego Souto e 9ª praza para Nerea Brandón, prata para Manuel López e 7º postos de Lino Souto e Irene Santomé na infantil, prata tamén para Irea Alén na categoría cadete onde Joel Barcia era 4º, Hugo Souto 5º, Adrián Sancho 7º e Oscar Alberte 8º. Resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.