A pasada fin de semana presentábase intensa para 32 d@s triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros ao ter que competir en 3 frontes distintos. Na mañán do sábado a localidade de Cedeira acollía o Dúatlon Escolar Xogade, segunda das probas clasificatorias da provincia de A Coruña na que @s mellores foron Lino Souto 4º na categoría alevín, Martina Santomé 13ª e Martín Cid 18º na benxamín. O domingo tamén pola mañán e con motivo da celebración do Dúatlon Val de Soneira en Vimianzo as máis destacadas foron as cadetes Irea Alén 2ª e María Puga 9ª e a júnior Alba Otero 3ª; mentres que na categoría masculina os cadetes copaban o top 10 con Anxo Bello 3º, Hugo Souto 5º, Joel Barcia 6º, Manu Souto 9º e Adrián Sancho 10º e os xuvenís facían 1º e 2º con Xabi Guitián e Rubén Otero; tod@s eles-as sobre a distancia supersprint na que fomos 2ºª conxunt@s por equipos. Xa na distancia Sprint o júnior David Sancho facíase coa victoria da súa categoría e acadaba a clasificación para o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada. O mesmo domingo pero na cidade autónoma de Melilla, Pedro López estreábase a nivel internacional representando a España na Copa de Europa Júnior de Tríatlon, proba que polo estado do mar rematou sendo na modalidade de Dúatlon e na que o noso remataba 44º. Nos apartados de descargas escola e tríatlon desta mesma web podedes atopar os resultados destes 3 eventos.