A pasada fin de semana 12 dos nosos competiron no Campionato Galego de Dúatlon CRE de Vedra, onde presentamos dous equipos absolutos masculinos, un na categoría elite e outro na open. A falta da publicación oficial dos resultados por parte da Fegatri compre sinalar que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos a moi bo nivel. Dito o cal na categoría elite fomos 6º clasificados de 27 equipos, con Adrián Sancho, Alberto Tomé, Hugo Souto, Iago Prada, Michel Núñez e Rubén Otero, que remataron a proba en 1h:03'19'' a tan só 50'' do podio; mentres que na categoría open e cun tempo final de 1h:05'54'', Alexandre Rodríguez, David Murado, Joel Barcia, Nuno Moure e Oscar Alberte remataron 4º dos 45 equipos participantes. Os resultados provisionais desta CRE están a dispor no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.