Torremolinos acolle a terceira xornada da Liga Nacional de Tríatlon


 01 Setembro, 2025   Tríatlon 

Torremolinos acolle a terceira xornada da Liga Nacional de Tríatlon

Nove d@s nos@s triatletas competirán esta fin de semana en Torremolinos na terceira das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte na segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada final de Torremolinos dispútanse tres probas, o Campionato de España Super Sprint por Clubs, o Campionato de España de Tríatlón por Remudas Mixtas e o Campionato de España de Tríatlon Super Sprint por Clubes 2×2. Logo da segunda xornada celebrada en Banyoles no mes de xullo, os nosos marchan nunha cómoda 8ª praza dos 15 equipos participantes dentro do obxectivo de manter este ano a categoría. A primeira competición da fin de semana será o sábado pola mañá coa disputa desde as 9 horas da proba Super Sprint por Clubes no formato de eliminatorias e final. O mesmo sábado á tarde turno para as Remudas Mixtas con saída ás 19 horas e o domingo a última proba será o Super Sprint por Clubs 2×2 a partir das 9 horas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.