Nove d@s nos@s triatletas competiron a pasada fin de semana en Torremolinos na terceira das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte na segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada final de Torremolinos @s nos@s foron 4º por equipos na proba super sprint, 15º por equipos na remuda mixta e 5º por equipos no super sprint 2x2. Con estes resultados o noso equipo masculino remata a liga na oitava praza acadando así a permanencia na 2ª División Masculina de Tríatlon para o 2026. Outros catorce d@s nos@s triatletas competiron onte e máis hoxe en Águilas no Campionato de España de Tríatlon Sprint e Super Sprint e na xornada final da Liga Nacional Talento de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte na primeira división masculina. Nas proba sprint da categoría elite Andrés Prieto sufriu unha caída no segmento ciclista e só puido rematar 27º absoluto e 17º sub23. Na categoría júnior Iago Prada 7º, Hugo Souto 18º e Adrián Sancho 19º foron 4º por equipos; mentres que na categoría cadete, Diego Souto, Alejandro Yera e Lino Souto remataron 16º por equipos e Carmen Díaz, Irene Santomé e Daniela Barro foron 20ª. Compre subliñar tamén a actuación de David Sancho no grupo de idade de 20 a 24 anos onde foi 9º. No referente á Liga Talento @s nos@s foron 27º na remuda mixta desta última xornada rematando na 13ª praza final mantendo a súa presenza na 1ª División Masculina da categoría talento para o 2026. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web.