O Campionato de España de Dúatlon regresa a Avilés os próximos 23 e 24 de abril con récord de cifras de participación, máis de 1.700 deportistas competirán na cidade superando os rexistros de anos anteriores incluso a pesar de disputarse unha categoría menos, a de Grupos de Idade Estándar, que se celebra noutro evento do calendario da Federación Española de Tríatlon. As competicións celebraranse o sábado 23 e o domingo 24, regresando coa zona de meta e transición elite á praza de España, na que desde o venres celebraranse diferentes actividades de benvida ás e os deportistas. Como non podía ser menos os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a este Campionato de España de Dúatlon a 13 d@s nos@s deportistas de base; das que unha pertence ao equipo cadete feminino, outros seis ao cadete masculino, tres máis ao xuvenil masculino e outros tres ao júnior masculino. Toda a información destes Nacionais de Dúatlon 2022 pode consultarse na páxina da Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón: https://triatlon.org/evento/?alias=2022-cto-esp-triatlon-aviles