Tres d@s nos@s competiron coa selección galega de tríatlon


 01 Xullo, 2024   Tríatlon 

Tres d@s nos@s competiron coa selección galega de tríatlon

Os pasados 29 e 30 de xuño, Andrés Prieto, Diego Souto e Irene Santomé tomaron parte en Mérida no Campionato de España de Tríatlon Escolar CESA e Absoluto por CC.AA. coa Selección Galega. Nas finais individuais da xornada do sábado, Andrés Prieto foi bronce absoluto contribuíndo á victoria do combinado galego masculino que se impuxo a Cataluña e Madrid, mentres que Irene Santomé rematou na 17ª posición sumando puntos para a 4ª praza cadete feminina das galegas. O domingo disputáronse as probas das substitucións mixtas, na categoría cadete Irene Santomé foi 14º co equipo B, na infantil Diego Souto subíu ao podio cos galegos como campións de España por diante das comunidades de Valencia e Madrid e na absoluta Andrés Prieto acadou tamén a medalla de ouro co equipo galego por diante de Andalucía e Murcia. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.