Tres podios para @s nos@s triatletas na praia viguesa de Samil


 04 Xuño, 2024   Tríatlon 

Tres podios para @s nos@s triatletas na praia viguesa de Samil

O pasado sábado día 1 de xuño a Praia de Samil acolleu a segunda edición do Tríatlon de Menores e Súper Sprint do Concello de Vigo, proba na que competiron 25 d@s nos@s triatletas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e júnior. Na categoría benxamín Wenceslao Oubiña foi 17º, Tadeo Suárez rematou 10º na alevín, e Diego Souto acadou a prata infantil e o billete para o Nacional Escolar de Tríatlon por CC.AA. Na categoría cadete Irene Santomé fíxose coa medalla de prata e tamén coa praza para o nacional escolar, na xuvenil Hugo Souto e Óscar Alberte foron 4º e 5º respectivamente e na júnior Ruben Otero rematou 4º. Por equipos os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros rematamos no terceiro chanzo do podio; resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. 
A Praia de Samil acolleu tamén unha das etapas da Copa de Europa de Tríatlon na que volveu tomar parte o noso máximo referente, Andrés Prieto, que desta volta tivo que sufrir para rematar a carreira no posto 47º por problemas físicos que mermaron as súas prestacións habituais.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.