Trinta d@s nos@s acoden ao Dúatlon de Menores de Arteixo


 15 Maio, 2021   Tríatlon 

Trinta d@s nos@s acoden ao Dúatlon de Menores de Arteixo

O vindeiro luns 17 de maio, día das Letras Galegas, dispútase na localidade de Arteixo, o I Encontro de Dúatlon de Menores deste 2021. A proba está enmarcada dentro dos Encontros de Menores que promoven a Fegatri en colaboración co Concello de Arteixo e baixo a organización conxunta dos clubs Triatlón Arteixo, Hércules Termaria e AD.Fogar. No encontro tomarán parte 4 equipos da nosa zona de A Coruña que mobilizarán a un total de 65 duatletas de base. Nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, que demostrarán as súas habilidades desde as 10:30 horas e ao longo da mañá, nas 4 carreiras da xornada. En canto á nosa participación cabe mencionar que acudimos con 30 deportistas das nosas Escolas de Tríatlon en Carballo e Oleiros. Destes, 6 pertencen á categoría prebenxamín, 7 á benxamín, 8 á alevín e 9 restantes á infantil. No apartado de descargas tríatlon desta mesma web podedes atopar as normativas dos encontros federativos e desta proba de Arteixo e tamén a relación dorsalizada d@s nos@s nen@s.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.