A pasada fin de semana Andrés Prieto Villar (Oleiros - 2003) desputaba na localidade polaca de Olsztyn, o Campionato Europeo Júnior de Tríatlon sobre distancia supersprint. Na xornada do venres o do Fogar remataba terceiro na súa semifinal e clasificábase co oitavo mellor tempo para desputar a final do sábado con serias opcións de loitar polas medallas; pero unha caída no segmento ciclista cando viaxaba no grupo cabeceiro fixo que perdera a estela dos mellores. Ainda así Andrés puido refacerse para rematar 20º dos trinta triatletas que partían na Final A. Lonxe do desánimo o noso pasaba páxina na xornada do domingo callando unha moi boa primeira posta na remuda mixta por equipos na que o combinado español acadaba a sexta praza dos 22 países participantes. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas desta mesma web ou na seguinte ligazón: https://www.triathlon.org/results/result/2022_europe_triathlon_championships_olsztyn Compre reseñar que Andrés Prieto está a ocupar na actualidade o 9º posto do ránking continental júnior.