A pasada fin de semana Andrés Prieto Villar tomou parte no seu primeiro Mundial Sub 23 de Tríatlon celebrado na localidade malagueña de Torremolinos sobre distancia olímpica. O noso capitán tivo que traballar arreo para rematar no top 20 logo de saír trixésimo da auga a 40 segundos da cabeza da proba. Xa no segmento ciclista, Andrés marcou o 3º mellor tempo dos participantes chagando a contactar co grupo cabeceiro da proba, e ainda que na carreira a pé foi decimo quinto nalgún momento o esforzo previo fixo que rematara nunha moi meritoria vexésima praza en 1 hora 49 minutos e 19 segundos.
Outra das alegrías destes días foi a convocatoria para a terceira xornada do GST (grupo seguimento tríatlon) da FEGATRI onde estarán tres d@s nos@s cadetes, Diego Souto, Irene Santomé e Manuel López.
Os resultados do Mundial e a Convocatoria do GST están a dispor no apartado descargas tríatlon desta mesma web.