Desde a nosa sede en Oleiros facemos saber que estamos a ultimar os preparativos do MERA TRI CAMP 2025 que ano tras ano vimos organizando na Praia de Mera coa colaboración do Concello de Oleiros e a Deputación de A Coruña. Este ano farémolo de novo para nen@s nad@s nos anos 2013 a 2020 ambos incluidos. Segundo a dispoñibilidade de prazas e por orde de inscrición, o vindeiro luns día 14 de abril abriremos a quenda de solicitude de praza para tod@s aqueles-as interesad@s en participar das nosas actividades estivais. O campamento desenvolverase como de costume de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, en horario matinal de 11 a 14 horas e 4 quendas. No mesmo tomarán parte en cada quenda entre 24 e 36 nen@s de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos co obxectivo de pasar un verán divertido e dinámico baseado nas habilidades básicas e os valores propios do tríatlon, é dicir, a práctica da natación en augas abertas, o ciclismo e a carreira a pé. O privilexiado da contorna e a organización e control das actividades por parte d@s nos@s monitores-as e adestradores-as veñen sendo nos últimos anos unha garantía de éxito. Podedes confirmar as vosas reservas en liña picando AQUÍ a partir do 14 de abril e seguindo as instruccións do formulario de inscrición. Nos arquivos adxuntos a esta mesma nova tedes tamén a información xeral respecto ao desenvolvemento do campamento.