Desde hoxe, venres día 7 de febreiro de 2020 e ata o vindeiro domingo día 9, 18 nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Infantil e Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior a celebrar na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra sobre 50 metros e 8 rúas. O torneo autonómico contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 381 nadadores e nadadoras, dos que 206 son homes e 175 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana, Elena Haz, Carla Castelo, Lucía Romanelli, Martina Fraga, Claudia Esmorís, Lara González e Nana Suárez na categoría feminina e Xavier Guitián, Alejandro Montes, Rubén Otero, Daniel Pardo, Miguel Abelenda, Andrés Prieto, David Sancho, Alejandro Méndez, Ángel Tomé, Manuel Verdes e Adrián Haz na masculina; entre os que nadarán un total de 58 probas a título individual e 9 substitucións por equipos. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Infantil e Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior podedes atopala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1789; ademais achégase a esta mesma nova a nosa convocatoria de nadadores e probas.