Para o desenvolvemento desta segunda edición do Memorial Pedro Luis Fernández Pombo contamos co apoio do Concello de Carballo, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, a Federación Galega de Natación, a colaboración de Bercom, Cafés Lúa, Carpintería Gómez, Electricidad Rafael, Floristería Taibo, Marfran, Neumáticos Rogelio, Savelo, Sector Vending e Vitaldent e a participación de 342 nadadores e nadadoras, 54 máis que no 2023, en representación de 28 equipos, 2 deles de fora da nosa comunidade autónoma. O xoves 12 de decembro presentaráse a proba na Casa do Concello de Carballo.
RELACIÓN ADMITID@S Memorial PLFP Máster 2024 (definitiva)
15 clubs e 67 nadadores-as.
RELACIÓN ADMITID@S Memorial PLFP Natación 2024 (definitiva).
21 clubs e 275 nadadores-as.
@s que formamos parte da Agrupación Deportiva Fogar voltamos a render homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, o que fora directivo fundador na primeira xunta directiva constituída alá polo mes de outubro de 1988, e socio honorífico da entidade desde o ano 2014. Máis recentemente Pedro practicaba a natación como socio do clube e encargábase da coordinación dos xuices de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Nesta segunda edición o trofeo de natación e natación máster que leva o seu nome disputaráse os días 14 e 15 de decembro de 2024 na piscina municipal Carballo Calero de Carballo. O período de inscrición ao trofeo permanecerá aberto desde as 00:00 horas do luns 25 de novembro ata as 23:59 horas do domingo día 1 de decembro na plataforma CLUPIK. A lista provisional de participantes publicaráse o luns 2 de decembro e a partir desa data abriráse un período de recepción de baixas ata o domingo 8 de decembro. Mentres podédes consultar a normativa do memorial nos arquivos adxuntos a esta mesma nova.